OLEIROS

O BNG homenaxeará o martes ao alcalde da Segunda República Tomás Arévalo

O actual rexedor acudirá ao acto xunto cun familiar do político homenaxeado

13.08.2016 | 00:59
Tomás Arévalo.

Recuperar e reivindicar a memoria do alcalde de Oleiros durante a Segunda República, Tomás Arévalo Pardo, é o obxectivo do BNG deste municipio ao homenaxear a súa figura o vindeiro martes día 16 con motivo da conmemoración do Día da Galiza Mártir. Arévalo, nado en Dorneda, foi alcalde de Oleiros entre 1931 e 1934 e de novo de febreiro a xullo de 1936, ata que o golpe de Estado o expulsou a el e ao resto da corporación democrática. Tivo que escapar a Arxentina facéndose pasar por emigrante e alí permaneceu ata 1963 en que voltou á súa casa, onde morreu en 1978.

O acto de homenaxe será ás 20.00 horas na Praza da Liberdade de Nós, ao carón da Casa do Pobo. O veciño desta parroquia e integrante do BNG, Manolo Ferreiro, fixo o labor de pescuda sobre esta figura.

No acto intervirá o actual alcalde ademais dunha neta política de Arévalo e Xosé Luis Rivas, Mini. Haberá actuación s musicais con Fran amil e Os Tres Trebóns.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine