Este é un paso importante para algúns dos que estamos aquí polos anos que levamos manifestando que era unha necesidade imperiosa. Intentámolo a través da mancomunidade, un experimento non moi doado, e como non funcionaba, fíxose o Consorcio. Hai un traballo en común moi importante de moitos anos e as mesas que se constituiron hai uns meses corroboraron o que xa pensabamos, que os servizos saen máis baratos e son mellores a través dunha área. Será un ano duro e os concellos que queiran sumarse serán benvidos.