- Que tipo de axuda ofrece a Oficina de Consumo do Concello de Arteixo?

-Axudamos a tramitar a reclamación. E despois cando lle ven a resposta a esa mediación que nós facemos pois tamén se enviaría a Consumo ou ben lle axudaríamos a poñer unha segunda reclamación.

- Que tería que facer unha persoa que cre que hai un erro na súa factura da luz?

-O importante cada vez que se fai unha reclamación é traer xustificantes, facturas ou todo o que teña que ver coa reclamación que queira poñer, xa que é a única maneira que hai de comprobar que tes relación con esa empresa. Preséntase unha reclamación cos datos desa persoa e da empresa, cóntase o que se quere conseguir con esa reclamación e o que se quere que se rectifique. Recoméndase solicitar a Xunta Arbitral. Unha vez recollida a reclamación se enviaría á empresa e esperaríamos a resposta.

- Por que é mellor a Xunta Arbitral e non a vía xudicial?

-Non se recomenda a vía xudicial. É mellor ir sempre a través de Consumo. É gratis e é o máis parecido a un xuízo. O que fan é citar a un día e a unha hora. Dependendo da cuantía, hai un árbitro ou tres. Un representa á empresa, outra ao particular e un terceiro que fai de presidente. O bo que ten a Xunta Arbitral é que te escoitan e podes dicir todo o que pasou no proceso. Case sempre sae a favor do consumidor. E hai un laudo de obrigado cumprimento. O que se da moito cos operadores telefónicos cando ti te das de baixa ou anulas o contrato por incumprimento é que eles intenten cobrarche unha penalización. Se ti te negas eles o que fan é vender esa deuda a terceiras empresas que se poñen en contacto contigo. O que fan é chamarte por teléfono, aos teus familiares e incluso ao teu posto de traballo. Iso se vas á Xunta Arbitral o normal é que o anule todo. Estas empresas normalmente te meten en listas de morosos. Non se pode facer porque terían que comprobar que lles debes ese diñeiro. Para facer iso terían que ir por vía xudicial. É ilegal, pero o fan.

- A maior parte das reclamacións son sobre eléctricas e operadoras de telefonía, por que?

-Porque enganan constantemente. No sector eléctrico só hai unha empresa regulada e as demais son de libre mercado. Estas últimas son libres de poñerche condicións. Tes penalizacións se che das de baixa antes do ano e poñen servizos de mantemento que non fan falta. E despois hai comerciais que van pola casa e che din que son dunha compañía cando son doutra. Moitas veces a xente di que non lle deu datos. Pero non che pediron unha factura? Pois xa che deches os datos.

- No 2016 o Concello atendeu 4.022 consultas, a maioría acaban en reclamación?

-A maioría si. Moitas veces fanme moitas consultas por teléfono e realmente son para aclarar dúbidas. Agora está habendo máis consultas sobre compra de vehículos de segunda man, que só teñen garantía se o compras a unha empresa. Entre particulares non entra Consumo. Despois, un produto novo vai ter dous anos de garantía. É por lei.

- Cando empezou no 1996 a xente reclamaba menos?

- A xente cada vez reclama máis, pero tamén hai máis motivos para facelo.

- Pero hai moita xente que non reclama.

-Hai moita xente que non está reclamando. O ano pasado todos os operadores telefónicos empezaron a subir as súas tarifas cando venderan mediante publicidade que eran para toda a vida. Iso é reclamable. Se eles dixeron que o prezo era para sempre, iso é así. Os que acabaron na Xunta Arbitral lle respectaron o prezo. Esa subida foi a todos, pero por aquí veu moi pouca xente. Sete euros meus e sete euros teus son moitos euros.

- Hai consultas de compras por Internet?

-Crecen cada vez máis. O problema é cando cando ocorre algo con esa compra porque é moi difícil saber quen está detrás. Hai moito conflito se compras a China. Realmente é a través dun intermediario. Como a queiras devolver ou saia mal non hai forma. A oficina está en China.