O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, advirte de que os concellos que integran o Consorcio As Mariñas perderán toda a súa "independencia" se finalmente se aproban adscribirse ao Concello de Oleiros, xa que sería este último municipio quen tería a capacidade de decisión. A outra alternativa, segundo Calvelo, sería a creación dunha mancomunidade formada por oito concellos, sen Arteixo.

Calvelo realiza esta advertencia despois de que o rexedor de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciase que vai "tomar as rendas" da entidade ata que se constitúa a área metropolitana, xa que os membros do Consorcio acordaron adscribirse a Oleiros, co que tería que asumir as responsabilidades do organismo.

"Ningún alcalde podería impoñer unha decisión ao alcalde de Oleiros. O Consorcio converteríase nun satélite do Concello de Oleiros", asegura Carlos Calvelo. Tamén aclara que Seoane "ten razón" na súa petición de asumir o mando, xa que a responsabilidade da xestión do Consorcio recaería sobre o municipio que goberna o rexedor oleirense.

O Consorcio segue sen adaptarse á nova lei de bases de réxime local por discrepancias entre os membros da entidade dende hai dous anos. A última opción que barallaron os membros do ente supramunicipal foi a adscripción a Oleiros, que segue pendente de executarse. Previamente os alcaldes acordaran a creación dunha mancomunidade para evitar a adscripción ao concello de máis poboación, Oleiros.

Cando A Coruña propuxo iniciar a constitución da área metropolitana, os rexedores decidiron entón adscribirse a Oleiros como solución transitoria. Pero o PP desmarcouse desta solución e volveu a avogar pola mancomunidade. Polo momento o Consorcio segue sen avanzar na súa transformación que garantice a súa supervivencia.

O Concello de Arteixo formalizou a súa intención de abandonar o Consorcio a finalis do ano pasado. O alcalde, Carlos Calvelo, reclama ao organismo comarcal dende entón que calcule a cota de separación que debe asumir Arteixo por marchar da entidade supramunicipal. Calvelo xa avanza que en caso de que o Consorcio non realice este cálculo haberá "un problema de ámbito xudicial", xa que o Concello emprenderá "accións legais". Tamén recorda que o Consorcio está "en causa de disolución" neste momento.

O rexedor oleirense tamén acusou o pasado lunes ao PP de ter "medo" a perder a presidencia desta entidade -o actual presidente do Consorcio é o popular José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo-. O máximo mandatario do Consorcio rexeitou onte pronunciarse sobre as declaracións de García Seoane, que acusou ao PP de ter "medo" a perder a presidencia. Santiso declinou responder para respectar o acordo adoptado na última reunión a porta pechada de non facer públicas as conversas mantidas. Amosa o seu respecto ás verbas do oleirense e aboga por tomar una decisión entre todos.