O Concello de Cambre e a Asociación Histórico-Cultural e Deportiva de Recreadores de Galicia organizan un faladoiro e una mostra sobre os gladiadores. O museo do xacemento romano acollerá este sábado a actividade, que se desenvolverá no marco ciclo que organizan a Administración municipal cambresa e os recreadores galegos.

Na xornada, os asistentes terán ocasión de aprender máis sobre os combates dos gladiadores en tempos dos romanos. Ademais, a actividade incluirá una pequena exposición da indumentaria e do armamento empregado nestas loitas, explica o Concello cambrés.

A xornada celebrarase no marco da colaboración entre o Concello e a asociación de recreadores galegos para a organización de actividades para afondar no coñecemento dos antigos romanos e castrexos que séculos atrás poboaron Cambre.

A preparación conxunta de actividades comezou o ano pasado, co obxectivo de ofrecer formación e espertar interese para promover a primeira edición da feira Galaicoi, na que a capital municipal voltou séculos atrás no tempo para se pór na pel dos romanos e castrexos que habitaron esa zona.

A feira, que se celebrou a mediados de xullo do ano pasado, xurdiu coa intención de dar a coñecer o patrimonio histórico e cultural de Cambre, como explicou no momento o entón concelleiro de Cultura e exdirector do museo, Ramón Boga. Os recreadores galegos participaron tamén na feira.