ÚLTIMA HORA
Se estrella un F18 en los alrededores de la base aérea de Torrejón
BETANZOS

O realizador coruñés autor dun videoclip de Green Day grava unha peza no Pasatempo

Manu Viqueira filmou no parque enciclopédico un 'fashion film', no que incluirá mensaxes reivindicativas en apoio aos colectivos que esixen rehabilitar o espazo

19.05.2017 | 19:04
Imaxe da ´fashion film´ gravada por Viqueira no Pasatempo.

O coruñés creador dun videoclip do grupo Green Day, Manu Viqueira, virou o obxectivo cara o Pasatempo de Betanzos. O realizador filmou no parque enciclopédico unha fashion film como promoción para a marca de moda Lapipa Delapaz e, á falta de concluir o traballo, colectivos betanceiros en defensa da rehabilitación e conservación do Pasatempo contactaron con el para propoñerlle que remate a peza e lle dea difusión para concienciar sobre a necesidade de conservar o parque.

Viqueira aceptou e prevé, ademais de rematar o vídeo, incluir en varios dos muros que aparecen nel "grafitis que poñan Salvar o Pasatempo". "Así o vídeo funciona para a firma de moda e para a defensa do parque", sinala o realizador.

O vídeo presenta tintes surrealistas e aires que lembran a Alicia no país de las marabillas. Dúas modelos aparecen en distintos puntos do parque, de xeito que se amosan na peza dende escaleiras de pedra, recunchos laberínticos de acceso ás covas, espazos rodeados de vexetación, leóns ou reloxos coa hora en distintos sitios do mundo. "Cada sitio do Pasatempo tiña algo de fantasía especial. Podiamos gravar mil cousas aí. Porque non tiñamos máis tempo, se non utilizariamos moitas mais cousas, como a parte de abaixo, xunto ao lago, e a escaleira medio de caracol", explica Viqueira.

O realizador escolleu o Pasatempo para a rodaxe porque xa coñecía o espazo de visitas anteriores e sabía que "tiña moitas posibilidades". E aínda así, unha vez mans á obra, o espazo sorprendeuno. "Non o vira tan ben ata que fun alí para para facer o vídeo. E era aínda mellor do que xa pensaba", afirma.

Pouco despois de gravar no Pasatempo, xurdiu o videoclip para Green Day. "Fun deixando a fashion film para cando tivera mais tempo, era un traballo que queriamos facer ben, pero aproveitando o de Green Day deille difusión e pensei que xa chamara bastante a atención, así que quedou o tráiler sen rematar os efetos nin retocar a cor", explica o creador. É por este traballo inicial que contactaron con el membros da plataforma para salvar o Pasatempo. "Ademais, preto dun mes despois da gravación caeu un mural, e motiveime máis para rematar o traballo", sinala. "É unha pena que se perda iso. É moi bonito", manifesta o realizador. Aínda que agora ten "moito traballo", promete concluir a peza, el mesmo ou axudado por mans alleas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine