A Asociación de Veciños O Gaiteiro, de Sigrás, dará comezo este sábado á oitava edición da Festa das Flores. En concreto, ás 16.00 horas, iniciaranse os campionatos de tute e tenis de mesa. A programación continuará o venres 26 de maio, día no que se fará unha alfombra floral deseñada por unha socia. O sábado haberá unha misa, unha foliada, a final do campionato de Tute e a entrega dos trofeos. Tamén haberá actuación de Os Larpeiros de Altamira.