Os departamentos de Normalización Lingüística e de Deportes do Concello de Sada impulsaron un traballo, gravado polo sadense Marcos Cenamor, que se presentará nas redes sociais e na web municipal con motivo das Letras Galegas. No vídeo, titulado Fala buguina!, clubes deportivos reivindican un maior uso do galego.