A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Oleiros regalou ás escolas infantís e ás aulas de infantil dos colexios públicos uns exemplares do Cancodrilo en Oleiros, escrito por Xabier López Mateos e ilustrado por Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez.

Cancodrilo é metade can e metade crocodilo e xunto cos seus amigos visita os lugares emblemáticos de Oleiros neste libro, entre eles o castello de Santa Cruz, a Casa Charry, As Torres, o porto de Dexo ou as bateas de Lorbé, ademáis da biblioteca Rialeda e o Centro Cultural da Fábrica. O volume tamén ensina sobre xeografía oleirense aos máis pequenos nun formato lúdico.