Todas as agrupacións folclóricas do municipio teñen unha cita para mañá domingo nos xardíns de As Torres en Santa Cruz, na que é a cuarta edición da Foliada Tradicional.

Este acto pretende ser un punto de encontro das diferentes agrupacións folclóricas existentes no municipio e organízase tamén co obxetivo de fomentar o espírito de convivencia e tamén para compartir experiencias, inquedanzas e novos proxectos nunha xoranda de festa e nun ambiente distendido.

A festa comezará a partir da unha da tarde con moitas actividades dirixidas ao público familiar: xogos tradicionais de precisión e habilidade para todas as idades elaborados artesanalmente con material de refugallo, obradoiros de cestería e outros de artes plásticas, entre outros. Pola tarde todas as persoas que o desexen poderán unirse libremente a bailar e cantar cos grupos e despois haberá queimada.