Que pensarías se che dixesen que o que máis che gusta non é para ti? Cando a ti che gusta a música case antes de que empezases a falar pero túa nai diche que é mellor que fagas unha carreira de dereito e así tes a vida resolta? A pregunta clave é: a que se referirá con ter unha vida resolta? Eu non opino que ter a vida resolta sexa o obxectivo que debes cumprir na túa vida se non o de xubilarte facendo o que queres e poder dicir que cumpriches o teu soño. Para iso non debes facer moito caso cando teus pais ou profesores che din que é mellor non coller esa carreira porque supostamente non hai saídas para ela, ou o típico de non fagas iso que pra iso xa hai moita xente estudando. Pero esta ideoloxía de facer o que queres facer non se ben dado só as carreiras universitarias e relacionado co teu futuro, se non dende pequenos xa se nos vén dicindo parvadas como: "Manoliño, non é mellor que fagas fútbol no sitio de ballet que é para nenas? E claro, Manoliño pasa toda a súa infancia marcada polas burlas dos seus compañeiros e as preguntas xeralmente estúpidas que os maiores lle fan, pero non se deixou influir polos demais, e grazas ao espírito de superación que tivo Manoliño, conseguiu o seu soño na vida entrar na escola de ballet máis prextixiosa de Francia e chegar a ser bailarín profesional.