Sede de aventuras, gusto polo deporte e moito esforzo son os ingredientes necesarios para emprender un proxecto coma Costa Verdecente, de Sechu López. Este veciño de Miño e alpinista profesional zarpou en solitario en kaiak o 27 de maio desde Tui e comezou a bordear a costa galega, illas incluídas. A súa aventura durará dous meses, nos que percorrerá 1.700 quilómetros para finalizar na ría de Ribadeo.

Sechu López naceu en Ourense, estivo afincado en Vigo e vive actualmente en Miño, onde se fixo membro do Club Deportivo Náutico. Xa practicara piragüismo noutras ocasións, pero desde hai un ano, cando comprou un kaiak de mar, o practica de forma habitual. "Xa daquela empecei a pensar en facer unha travesía longa e esta da costa galega íntegra me apetecía", conta.

EPlanificación. "Non levo planificado nada -admite entre risas-; só teño unha previsión diaria de quilómetros para conseguir facelo en dous meses". A media de percorrido por etapa é duns trinta quilómetros, pero contando os días de descanso en total sae unha media de 28 por xornada. A etapa máis longa, polo de agora, foi a que remataba en Miño, na que fixo máis de 50. No mar pasa "moitas horas". Érguese, polo xeral, ás 7.00 horas, fai o almorzo e recolle a tenda de campaña na que pasa as noites, ritual no que emprega un par de horas. Ás 9.00 horas zarpa. Para xantar, según o día, dispón dunha hora ou dúas, ás veces menos, e ten que ser nun establecemento desde o que poida visualizar o kaiak. O mesmo problema ten pola noite, pois cando non o pode meter nalgún camping, se ve na obriga de acampar á súa beira para facer de can vixía.

EMáis quilómetros dos previstos. "O proxecto inicial era facer 1.500 quilómetros, pero vanme saír 200 máis, uns 1.700", declara o deportista. Cando chegou a Miño a noite do 8 de xullo, xa levaba 1.275 ás súas espaldas. Esto se debe a que oficialmente a Comunidade Galega ten 1.498 quilómetros de costa continental, pero este cálculo non inclúe illas nin illotes, explíca. "Eu non vou pegado á costa, ás veces debido ás condicións do mar, aínda que vou moi cerquiña". Inluso chegou a pasar a noite nalgunha illa, como na de Rúa, na provincia da Coruña.

EAventura en solitario. Sechu López emprendeu a aventura en solitario, pero ten amigos que o acompañan durante algunha etapa, que o reciben para xantar ou incluso para pasar a noite. A algúns non os vira desde hai máis de quince anos e esta é a oportunidade para reunirse de novo. Tamén lle pasaron cousas extraordinarias, como atoparse cun membro da Escuela Orensana de piragüismo, Santi Carvajal, a quen non coñecía e que o acompañou nunha etapa e invitouno a facer noite na súa casa coa súa familia, relata Sechu López no seu Facebook, onde se pode seguir a súa viaxe a través dun "caderno de bitácora" con fotografías.

EContratempos naturais. Unha aventura marítima coma Costa Verdecente está repleta de fermosas paisaxes, momentos de introspección e harmonía coa natureza ou avistamento de animais coma golfiños, pero non todo é sinxelo. López ten que enfrentarse, ás veces, á choiva ou á néboa, por exemplo. En varias ocasións algunha onda desafortunada botouno á auga; noutras, os lodos fixeron que embarrancara e tivera que baixar do kaiak, unha vez enterrándose ata enriba dos xeonllos; e noutras foron as algas as causantes do seu dobre esforzo por alcanzar a costa. As mareas vivas tamén lle deron algún susto, como a vez que o despertaron ás 3.00 horas do amencer coa tenda empapada, e xa espelido, decidiu botarse ó mar.

EContratempos humanos. Unha tendinite na boneca e no antebrazo dereitos tamén retrasaron a súa viaxe e obrigáronno a descansar, pois este padecemento resíntese ao facer un esforzó extra, e o kaiakista fixérao, xa que durante catro días estivo a cubrir unha media de 40 quilómetros diarios. En Ons non permiten durmir na praia, polo que tivo que deixar o kaiak desprotexido e, pola noita, roubáronlle algunhas cousas que deixara dentro del. "Non eran de moito valor, pero é un trastorno ter que volver a conseguir todo".