Outro ano máis o céspede do parque de Santa Cruz deu paso ao barro, ás pezas que trouxeron para expoñer e vender un total de 24 artesáns de Galicia e de toda España que participan na XXIII Feira Alfaroleiros que se inaugurou onte ao mediodía e que se pode visitar ata o domingo. Na presentación da mostra o alcalde, Ángel García Seoane, anunciou que o ano que ven xa se trasladará toda a colección do Museo dos Oleiros dende a súa ubicación actual en As Torres ata o castelo de Santa Cruz, un cambio que, según opina, aumentará o número de visitas.

Ao acto acudiu a directora xeral de Comercio, Elena Fabeiro, que asegurou que Alfaroleiros é unha cita "ineludible e consolidada", un "punto de encontro de olerías galegas" e doutras localidades na que se mestura "tradición e futuro". En nome do presidente da Diputación acudiu o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, que asegurou que esta feira "é un referente en Galicia e no resto do Estado".

Este ano voltou o alfar de Sober pero non está presente o de Bonxe, ainda que todos os demais sí que volveron a repetir nesta cita na que fan moi boas ventas, sobre todo despois de pasar o máis duro da crise na que se deixou de mercar pezas, sobre todo as de tipo decorativo. Sobre a herba do parque de Santa Cruz volveron verse pezas de barro con total utilidade práctica hoxe en día, como as fontes de Pereruela, botes para os allos, tazas para o caldo ou as viradeiras da tortilla.

Cada posto exhibe a cerámica típica da súa localidade, dende a máis negra de Sober ata a máis colorista de Córdoba ou outra totalmente branca.

O desenrolo desta feira de artesanía, a máis importante de Galicia ao par que a de Buño (Malpica), inclúe un completo programa paralelo de actividades coma concertos (Banda Orquestra de Oleiros, Los mecánicos Band Full Equipe, Roi Casal, The Revival Stompers), proxeccións de cine, espectáculos de danza e teatro, contacontos, obradoiros de olería, xogos tradicionais e a novidade deste ano, as charlas-coloquio impartidas por oleiros.

Entre estas últimas charlas a técnica do Museo dos Oleiros, Ana Justo, destacou a dos fillos do alfareiro Manuel Carrera (o sábado ás 12.00 horas), falecido hai moitos anos, e con el o seu alfar de Batán de Tioira en Maceda,, ata que os descentes o reabriron hai pouco tras aprender o oficio. Carrera no seu día, nun concurso en Francia, coñecera a Picasso (experto ceramista) quen lle deu a man e o felicitou.