OLEIROS

Oleiros reserva 35.100 euros para subvencións a alumnos que usan o comedor escolar

Os pais teñen ata o día 25 para solicitar estas axudas, que dependen da renda familiar

04.10.2017 | 12:17

O Concello de Oleiros aprobou na Xunta de Goberno Local do pasado mes de setembro a convocatoria para otorgar as subvencións destinadas a manter os comedores escolares dos centros públicos de ensino do municipio, xestionados polas asociacións de pais (Anpas), de cara ao curso actual 2017-2018.

A partida dirixida a estas axudas ascende a 35.100 euros. Os interesados en solicitadas teñen de prazo ata o día 25 deste mes para facer a solicitude no centro cultural A Fábrica de Perillo.

A contía exacta que se lle concederá a cada solicitante dependerá da renda per cápita da familia. O límite da renda no ano 2016 para poder acceder a estas axudas foi de 6.000 euros.

Desde xeito, cunha renda de ata 2.300 euros a axuda que concederá o Concello será de 700 euros; se está entre 2.300 e 4.600, será de 380 euros e se se sitúa entre los 4.600 e os 6.000 euros, a contía será de 260 euros.

O Executivo, ademais destas subvencións, destina 5.000 euros mensuais a gastos de comedor dos menores en situación de vulnerabilidade (asumindo o 95 ou 100% do gasto).

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Javier de Toro, jefe del servicio de reumatología del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña, responderá a preguntas de los lectores este jueves a las 11.30

 

esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine