"Corenta anos despois da morte de Franco o dictador morreu pero o franquismo segue vivo", destacou hoxe a voceira nacional do BNG Ana Pontón, na presentación esta mañá da iniciativa que a formación vai ter en Bruselas o próximo día 20, coincidindo coa morte do dictador: a eurodiputada nacionalista Ana Miranda presentará na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo unha denuncia da "apoloxía do franquismo" que fai a Fundación Nacional Francisco Franco no Pazo de Meirás en Sada. Neste contexto tamén abogarán pola recuperación para o patrimonio público do pazo que hoxe ocupa a familia Franco.

Nesta data tamén se organizará en Bruselas a conferencia Franquismo despois de Franco. "A Fundación Franco é a única institución de Eurpa que pode facer apoloxía do fascismo", indicou Ana Miranda. Na presentación da iniciativa tamén estivo o eurodiputado da coalición Os Pobos Deciden, Jon Juaristi. Os tres coincidiron en suliñar a importancia de "traballar contra a impunidade dos crimes do franquismo" e a favor da "dignidade" das víctimas. Pontón resaltou a importancia de facer esta iniciativa xusto agora, neste momento en que en España se vive unha "tremenda involución democrática" despois dunha "transición fallida".