OLEIROS

A Unión Europea analizará, con denuncia do BNG, se en Meirás hai apoloxía do fascismo

O Bloque acude á Comisión de Peticións da Eurocámara e tamén organiza o día 20 no Parlamento Europeo a conferencia 'Franquismo despois de Franco'

07.11.2017 | 13:54
De esquerda a dereita, Ana Miranda, Ana Pontón e Josu Juaristi, onte na Coruña.

Pontón dí que xusto hai que denunciar agora, neste momento de "involución democrática"

Neste momento de "tremenda involución democrática" que se está a vivir en España, reclamar xustiza, dignidade para as víctimas e "acabar coa impunidade dos crimes franquistas", non só non é mal momento senon que é "o momento oportuno para facelo", é cando "hai que asentar os valores democráticos", pois neste intre "están saltando as alarmas a consecuencia de non abrir os pozos negros que quedaron coa transición fallida". Así o expresou onte a voceira nacional do BNG Anta Pontón. O BNG levará ao corazón de Europa a existencia dunha fundación, a Francisco Franco, acusada de facer apoloxía do fascismo, ou de bens expoliados pola familia do dictador que aínda hoxe seguen nas súas mans.

O Bloque organizará no Parlamento Europeo a conferencia Franquismo despois de Franco, o próximo día 20 (aniversario da morte do dictador Franco), na que participarán académicos, historiadores, politólogos, políticos e asociacións que traballan pola recuperación da memoria histórica. Ana Pontón, xunto coa eurodiputada Ana Miranda e o compañeiro na coalición Os Pobos Deciden Josu Juaristi, anunciaron onte esta iniciativa. A conferencia conta co apoio do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL) e Os Verdes-Alianza Libre Europea (ALE). Tamén participarán responsables da Comisión Europea.

A acción inclúe unha segunda iniciativa: os nacionalistas presentarán unha denuncia ante a Comisión de Peticións da Eurocámara contra a Fundación Franco (xa fixeron tamén unha interpelación por escrito ante a Comisión Europea, ainda pendente de contestación). Esta fundación declarou que o seu obxetivo en Meirás era amosar a "grandeza" da dictadura, mentres aínda hoxe, corenta anos despois, hai tantas vítimas soterradas en cunetas mentras a Asociación de Recuperación da Memoria Histórica intenta recuperalas gracias exclusivamente á axuda de particulares. "Resulta chocante que na Unión Europea exista unha entidade á que se lle permita facer apoloxía da ditadura e mesmo reciba subvencións públicas", coma os 50.000 euros que lle deu o Gobierno galego para xestionar as visitas do Pazo de Meirás (Ben de Interese Cultural), declarou Ana Miranda.

Miranda engadiu que despois de presentar esta petición tardará tres ou catro meses en tramitarse e despois haberá resolución nuns seis meses. "O ano que vén teremos resposta, porque a comisión vai investigar", indicou. Desde xeito o Bloque busca que se condee a unha organización que fai apoloxía do fascismo e que éste deixe de controlar as visitas ao pazo de Meirás, ademais de dar as coñecer en toda Europa a "situación aberrante" de que a familia dun dictador siga disfrutando de bens expoliados. Pontón defendeu que a Lei de Aministía "debe ser revisada" e acabar co "branqueamento" do franquismo.

O eurodiputado Josu Juaristi salientou que a involución democrátiaca do Estado español "está suscitando preocupación e expectación e cada vez son máis os eurodiputados" que lles preguntan "como pode suceder isto". Recalcou que hai que "acabar coa impunidade e traballar pola memoria e pola dignidade das vítimas".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine