O exvoceiro do BNG no Congreso Francisco Jorquera lembrou onte as dificultades que tiveron os investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez para atopar quen lle editase o libro Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio debido a que aínda hoxe o franquismo é un tema "que toca fibras moi sensibles". E foi a Fundación Galiza Sempre que preside Jorquera quen o editou, coa axuda da Deputación, e onte este amplísimo e documentado traballo de más de 400 páxinas presentouse ao público nun acto na Fundación ONCE da Coruña coa presencia de preto de 200 persoas, entre elas a eurodiputada Ana Miranda e a vicepresidenta provincial Goretti Sanmartín.

Carlos Babío destacou como dende as institucións, ata o 75, foi dando cartos para melloras no pazo, como as que xestionaba a Comandancia de Obras da Coruña ou a chamada Casa Civil, que ata creou unha empresa, Meirás Productos de la Huerta, para levar todo tipo de produtos ao pazo. Manuel Pérez contou como a suscripción popular para facerse coa propiedade se fixo baixo presións, co medo de non entrar nas "listas negras" do réxime.

Corenta anos despois aínda hai problemas para publicar un libro coma este pero que vexa a luz, xunto con iniciativas como a de levar o tema ao Parlamento Europeo ou crear a Xunta Pro Devolución do Pazo, son pasos no camiño de "acabar coa impunidade" devolver a dignidade ás vítimas e denunciar a "corrupción sistémica" do réxime.