O Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Santa Cruz organiza un Obradoiro de Construcción de Pandeiros. O curso impartiráse no centro cívico o 27 de xaneiro entre as catro e media e as oito e media da tarde. O mestre Xosé Maceda será o encargado de impartir esta clase.

Os interesados teñen ata o día 21 de prazo para inscribirse neste obradoiro que ten un custe de 70 euros para os empadroados en Oleiros e de 75 euros para os demais. O prezo inclúe o material necesario para facer un pandeiro de 38x38 centímetros.