A Deputación de A Coruña sacou a licitación por 181.500 euros con IVA incluido unha campaña de promoción da lingua galega entre os mozos, que se levará a cabo nos 43 concellos da provincia aos que este organismo lles concedeu subvención para contratar persoal técnico de normalización lingüística.

A campaña ten por obxectivo potenciar o uso do galego entre os mozos porque é a franxa de idade "más castelanizada" segundo os últimos estudos sociolingüísticos.

Esta acción incluirá charlas con persoeiros relevantes na vida pública e unha campaña de publicidade.