O grupo municipal do BNG en Culleredo alertou onte das numerosas queixas de veciños pola tala de "numerosas árbores" no complexo deportivo de Acea de Ama, no recinto da antiga Universidade Laboral. Asegura que é a terceira tala que se produce neste entorno nos últimos tempos. Os nacionalistas subliñan que varias destas queixas fan fincapé no deterioro progresivo deste espacio natural que facía de "pulmón verde dunha das zonas máis poboadas do municipio, con varios centros educativos ao redor e onde numerosos veciños acoden a diario a practicar deporte".

O voceiro do Bloque, Toño Chouciño, lembrou que a comezos do ano pasado, despois da caída de árbores sobre varios coches aparcados nesta zona, a Xunta anunciou a realización dunha avaliación do estado de saúde dos exemplares da Laboral e se solicitou por rexistro ao Concello datos sobre as conclusións dese exame para saber se esta terceira tala responde á necesidade real de cortar as árbores ou non.

Chouciño insistiu en que hay que "compatibilizar" a seguridade dos usuarios co coidado do medio natural. Defendeu tamén que se traballe para "recuperar" este espacio verde deteriorado. O BNG defenderá a necesidade de elaborar un plan para preservar a biodiversidade no recinto, "que debe incluir a compensación das árbores taladas e a sustitución de especies foráneas" coma o eucalipto por outras autóctonas.