O Concello mantén acordoado con cinta a contorna dunha pequena elevación existente no parque público de Bastiagueiro, ao lado da rúa Anguias. Nesta zona produciuse un corremento de terras debido ás choivas de hai unhas semanas, que causaron que se viñeran abaixo terra e pedras pola ladeira. Moi preto pasa tamén o regato de Bastiagueiro. O Executivo pechou a zona pero despois de facero aínda houbo outro pequeno desprendemento nesta elevación, que levou por diante parte da cinta policial. Ao lado disto está a pista de tenis municipal, que tamén está acordoada polos daños que tivo por mor dun temporal.