Un dos actos de divulgación da Infraestructura Verde de A Coruña, unha proposta de ordenación integral do territorio dende o punto de vista medioambiental que promove a Xunta por directriz europea, terá lugar hoxe mércores ás 19.00 horas no castelo de Santa Cruz.

Esta xornada está aberta tanto a entidades como a cidadáns en xeral. É un encontro para informar sobre esta iniciativa e identificar posibles necesidades no municipio en canto a biodiversidade a protexer. A xornada inclúe un obradoiro e un foro de debate.