O Concello de A Laracha, por quinto ano consecutivo, organiza un campo de traballo nacional no verán, do 1 ao 15 de agosto, e mentres outros anos o dedicaba a recuperar entornos fluviais ou promocionar o deporte ao aire libre, nesta ocasión vaino centrar en tareas arqueolóxicas, en recuperar o castro de Montesclaros, na parroquia de Vilaño, que segundo os estudos de Patrimonio Cultural, é un dos máis grandes dos catalogados en Galiza.

O campo de traballo diríxese a mozos de entre 18 e 30 anos e incluirá labores de observación, delimitación e limpeza do castro, da Idade de Ferro, e do seu entorno. Os voluntarios estarán acompañados por un equipo técnico con un director, un arqueólogo e monitores. Aloxaránse no antigo hospital de peregrinos de Montemaior.