O Bloque de A Laracha presentará no vindeiro pleno unha moción na que reclamará ao Goberno local que instale zonas de esparexemento no centro urbano de Paiosaco, onde se concentra a maior parte da poboación da parroquia de Lestón.

O BNG reclama elementos como pistas polideportivas descubertas, áreas para xogos populares e parques biosaludables para maiores. Lembran que o campo da feria é un espazo "infravalorado".