Os alumnos do instituto Manuel Murguía de Arteixo obtiveron catro galardóns no VIII Festival CinEOI Coruña, que é un certame de curtametraxes en galego que está organizado pola escola de idiomas. O primeiro premio foi para Nin un segundo máis, de Claudia Veiga e Nicolás Calvo, e o segundo posto foi para Skins, realizado por Pedro Manuel López, Rodrigo Rial, Aness Ennajjai, Abdelhadi Daanouni, Adrián Martínez, Iván Costa e Juan Darío Souto. O terceiro lugar logrouno Hide & Seek, de Yael Martínez, Nerea Cotelo e Ariadna Díaz e Aitana Carnota. O premio Ben falado foi para Dobre Cara, de Soraya Rivas, Carla Piñeiro, Carmen Martínez, Carla Pazos, Safae Lemsahri e Andrea Alvedro.