O xurado do certame de narracións breves Manuel Murguía que organiza o Concello de Arteixo seleccionou os finalistas, que este ano son Charo Pita ( Bochorno), Mercedes Leobalde ( Unha praia na Polinesia) e Tiago Alves ( A porta do Reconhecimento). O certame recibiu 63 relatos nesta edición. O Concello dará a coñecer os gañadores este venres nunha gala que se celebrará no auditorio do centro cívico de Arteixo ás 20.00 horas. Os galardóns estarán dotados con 4.000 euros para o primeiro posto, 500 para o segundo e 300 para o terceiro.