Esta carta vai dirixida a todos os cidadáns, para que sexan coñecedores da realidade que están a vivir nosos fillos e fillas e, en particular, a aquelas persoas responsables do Ministerio de Fomento en Galicia, como son o enxeñeiro xefe da Demarcación de Estradas, así como o enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, responsables aos que pedimos que teñan en conta a petición que, desde fai tempo, se ven solicitando con concentracións periódicas no punto quilométrico 581 da Nacional VI, á altura do Centro de Formación Agroforestal de Guísamo.

Reclamamos unha pasarela que permita usar con seguridade e sen risco as paradas de transporte público sitas en ambas marxes da estrada N-VI. As paradas son utilizadas polo alumnado do centro (algúns menores de idade), traballadores do polígono de Bergondo e veciños en xeral, que a diario corren o perigo de cruzar unha estrada caracterizada por un tráfico intenso, ao que se engade a existencia de carrís de aceleración e desaceleración, chegando a ser catro carrís aos que deben prestar atención as persoas que queren cruzar a vía, incluindo un cambio de rasante que dificulta a visión.

Últimamente, nun intento de resolver a demanda, colocaron unhas sinais nas marxes da estrada para advertir da "posibilidade de peóns", pero esta medida non soluciona en absoluto o problema. A propia Garda Civil de Tráfico impide durante as concentracións cruzar a estrada, recoñecendo que se trata dun paso sumamente perigoso.

A pregunta agora é, haberá que agardar a que suceda unha desgraza para que as persoas responsables e con competencias para realizar a pasarela actúen?

Mentres no se resolva, nós seguiremos coas movilizacións.