A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (Acebe), puxo en marcha a primeira de dúas campañas coas que vai premiar a fidelidade dos clientes do pequeno comercio. Onte comenzou a primeira campaña, o reparto de 8.710 Rasca e Gaña que rematará o día 31 deste mes. Consiste nun sorteo directo con papeletas de rascar que se entregan por compras en locais asociados. Hai dez tarxetas prepago de cincoenta euros cada unha.