O Concello de Arteixo adxudicou á empresa Construcciones Pan y Díaz o contrato para a mellora dos camiños municipais situados nas parroquias de Monteagudo, Morás e Chamín, segundo consta na resolución asinada polo concelleiro de Obras, José Ramón Amado, no día de onte.

Os traballos que realizará Pan y Díaz deberán estar executados nun prazo de tres meses unha vez o Concello e a compañía formalicen o contrato. A empresa realizará as obras por un prezo de 39.000 euros.