Ainda que os conductores xa non vexan traballadores na avenida Che Guevara de Perillo, as obras do sifón seguen adiante, concretamente debaixo da ponte de A Pasaxe, onde fai falla facer cambios respecto ao bombeo existente na zona de Asteleiro. A gran tubería de residuais que sae da rotonda do Che chega á Pasaxe e dalí atravesará a ría e despois chegará a Bens. Os obreiros asfaltaron a zona que se levantou para poñer a nova tubería e dentro de pouco volverá haber cortes para facer o pavimentado definitivo.