A Fiscalía solicitou prisión permanente revisable para Marcos Mirás, o coruñés que matou ao seu fillo de once anos cunha pala hai agora un ano nun monte de Oza-Cesuras. Sería o terceiro caso en España para o que se pide este tipo de cárcere e o segundo en Galicia, tras o de David Oubel, o primeiro condeado a esta pena no país por matar ás súas dúas fillas en Moraña (Pontevedra) cunha serra eléctrica.

A fiscal tamén reclama unha indemnización para a súa exmuller de 125.000 euros polo falecemento do seu fillo e outros 42.500 euros polas lesións psíquicas que lle causou a morte do pequeno, xa que ela sofre trastorno por estrés postraumático crónico e está en tratamento. O xuizo celebrarase o próximo mes de setembro na Audiencia Provincial, e con xurado popular.

O escrito de calificación da Fiscalía considera que este coruñés cometeu dous delitos, asasinato e lesións psíquicas. No caso do asasinato na súa opinión xúntanse as agravantes de parentesco e de comisión do crime por razón de xénero (castigo á nai). Polos dous delitos solicitou a prisión permanente revisable, a inhabilitación absoluta e prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da súa exmuller e de comunicarse con ela durante cinco anos. Tamén reclamou manter a este parricida en prisión provisional comunicada e sen fianza, situación na que se atopa actualmente despois do auto de maio do ano pasado.

Mirás vivía en A Coruña pero levou ao seu fillo, o Día da Nai de hai un ano, a unha pista forestal dun monte no lugar de A Barra, no municipio de Oza-Cesuras, porque neste concello tiña unha casa familiar. Matou ao seu fillo a menos de 500 metros da vivienda que a súa avoa herdara e que el visitaba a cotío.

A prisión permanente revisable, agora de actualidade ante a reivindicación de moitos cidadáns de que non se derogue, é a máxima pena privativa de liberdade que existe no Código Penal español. Foi aprobada en marzo de 2015 cos únicos votos a favor do Partido Popular.

É unha pena de cárcere por tempo indefinido e aplícase só a casos de asasinatos cunha agravante específica: víctima menor de 16 años ou especialmente vulnerable, violación en serie ou a menores con tortura, asasinato múltiple ou cometido por membros dunha organización criminal, entre outros.