Unha unidade móbil da Policía Nacional estará os días 25 e 28 de maio no novo edificio administrativo da Laracha, situado no número 60 da avenida de Fisterra, para renovar o Documento Nacional de Identidad (DNI).

O Concello explica que o cupo é limitado e aínda quedan prazas dispoñibles. As persoas interesadas deberán acudir ao Concello cunha copia do seu DNI para reservar praza, que serán outorgadas por orde de inscripción.