O Día da Troula de Sada será o próximo sábado. Estará adicado as primeiras asociacións que xurdiron a principios do século XX e que loitaron pola recuperación da música tradicional. Esta xornada festiva está organizada por Nova Troula e o Concello. Ás 12.30 horas haberá cantos polos bares cunha docena de grupos. Sobre as 18.30 horas, realizarase a primeira parte dunha foliada popular e ás 21.00 horas comezará o concerto de Radio Cos. Ás 22.30 horas empezará a segunda parte da foliada popular.