Alumnos europeos participan en Cambre nun proxecto educativo sobre a mellora dos hábitos alimenticios. Medio centenar de estudantes visitaron onte o Concello cambrés con motivo da súa estadía formativa no instituto David Buján. Os alumnos chegados de Italia, Holanda, Eslovenia e España traballarán estes días nun proxecto que axude a paliar as tendencias negativas en materia de alimentación e actividade física.