A Consellería de Medio Rural, que promoveu a concentración parcelaria na parroquia de de Fisteus en Curtis, a maior feita en Galicia, vai a comezar agora coas obras de execución da nova rede de camiños por estas terras, que en total suman 55,2 kilómetros de lonxitute, a grande maioría con saburra (só 2,3 kikómetros van asfaltados).

Esta actuación suporá unha inversión de 2,2 millóns sde euros. A parcelaria de Fisteus concentrou en total máis de dez mil parcelas pertencentes a 1.128 propietarios, e sumadas todas dan 4.000 hectáreas.

A conselleira de Medio Rural, Ánxeles Penas, declarou onte que antes deste verán comenzarán as obras de execución da rede de camiños na parcelaria, unha actuación que ten un prazo de ano e medio.

Penas lembrou tamén que o obxetivo da Xunta é "rematar administrativamente" no ano 2020, ésta e o resto de 127 parcelarias abertas arestora en Galicia.