Algo máis de 150 xinetes fixeron onte os 25 kilómetros na V Ruta Cabalar Campestre de Curtis. Despois do roteiro houbo un xantar de confraternidade no campo da feira no que se xuntaron máis de 250 persoas. Un colectivo amante dos cabalos organizou a xornada.