Nenos de Primaria do colexio Parga Pondal de Oleiros representan mañá sábado unha obra de teatro ás 17.00 horas nas Torres de Santa Cruz, na que amosarán os coñecementos adquiridos na asignatura de Ciencias da Natureza e nas xornadas de sensibilización que lles impartiu Cruz Vermella. As entradas custan dous euros. Despois da representación, en galego, haberá unha merenda. Nenos e pais fixeron manualidades que venderán a 0,50 céntimos. Os cartos recadados doaránse á Cruz Vermella.