O Concello de Oleiros pechou o exercicio de 2017 con casi 1,9 millóns de euros de superávit. A meirande parte destes cartos, 1,1 millóns de euros, xa os vai gastar nunhas quince obras que vai levar para a súa aprobación ao pleno do vindeiro 31 deste mes (o resto, ata chegar aos 1.891.271 euros, levaráos ao pleno de xuño). Entre as actuacións que vai facer co superávit destaca, por ser a de maior custe, o a segunda fase de execución do Parque Costeiro Metropolitano de Bastiagueiriño, cunha partida de 345.525 euros. A primeira fase, sobre todo desbroce e limpeza (xunto coa expropiación das terras) xa se fixo o ano pasado.

O Concello proxecto facer un parque natural, no que respetou gran parte da vexetación existente, moita de gran valor, xunto con restos de froiteiras e viñedos que aínda existen de antigas casas labregas existentes ao borde do acantilado.

O Executivo proxecta facer un miradoiro na zona máis alta do acantilado ademáis de sendeiros peonís e ciclistas e unha beirarrúa na carretera que pasa por este parque, que suma case 70.000 metros cadrados. O alcalde anunciara que en 2018 expropiaría as tres casas que están dende hai corenta anos na zona de Costas de Bastiagueiriño porque lles acababa a concesión, ainda que logo dixo que o aprazaba.

Entre as obras que aprobará a Corporación local no pleno tamén chama a atención o pecho dos foxos do parque de O Graxal, que custará pouco máis de 3.000 euros, pois é unha demanda histórica de veciños e partidos da oposición, debido ao perigo que supoñen estos buracos.

Unha parque infantil na urbanización As Torres, repaso ás pasarelas de madeira, acondicionamento das casas do Pobo de Lorbé e Dexo, un novo monumento aos avós ou a renovación da cuberta do parque José Couso inaugurado non hai moito, son outras das actuación sque se aprobarán.

O resto do superávit, algo máis de 700.000 euros, aprobaránse no pleno do mes que ven, repartido entre outras obras. O Executivo oleirense destaca que a maiores do superávit ten 2,5 millóns de euros do remanente de tesourería que tamén gastará en máis obras que vai levar tamén a pleno próximamente.