O Bloque de Oleiros reclama ao Goberno que mellore a seguridade no cruce das rúas Franzomel, Xenza e Xardín de Gómez porque apenas hai visibilidade. O voceiro, Fran Rei, lembra que esta zona é moi usada polos residentes para ir ao centro de Santa Cruz e un dos accesos é moi estreito e está nunha curva e "crea ángulos mortos". Pide sinais de advertencia de estreitamento. Tamén demandou maior visibilidade nos pasos peonís de Concepción Arenal mentres duren as obras.