EN DIRECTO
No 2009

As costas galegas rexistraron 287 varamentos de mamíferos mariños

De xaneiro a maio contabilizáronse a maior parte dos casos, 229. Na semana do temporal 'Klaus' recolléronse 48 animais nas praias e cantís da comunidade galega

 12:00  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

MANUEL BARRAL | A CORUÑA Unha media de 24 animais mariños apareceron mortos ao mes nas costas galegas durante o ano pasado. En total foron 287 os varamentos rexistrados en distintas zonas do litoral de Galicia segundo os datos facilitados pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), que dende o ano 1990 contabiliza as mortes destes animais en territorio galego. A maioría dos exemplares varados pertencen á familia dos cetáceos (o 91,6%) pero tamén apareceron tartarugas mariñas (4,5%), lobos mariños (2%), quenllas (1,3%) e lontras (0,3%).

O total de casos rexistrados é levemente inferior ás cifras máximas dos últimos anos -con máis de 300 varamentos anuais- e a maior parte deles produciuse durante a primeira metade do ano, periodo no que as condicións meteorolóxicas son peores, o que facilita o arrastre dos animais mortos ata as praias ou cantís da costa galega. Ata finais de maio contabilizáronse 229 casos dos 287 totais, máis do 80%. Ademais, a semana con máis varamentos foi a do temporal Klaus -do 23 de xaneiro ao 1 de febreiro- na que se recolleron 48 animais mortos.

Nos vinte anos de traballo da Cemma, a Rede de Varamentos de Galicia recolleu 4.300 mamíferos mariños no litoral galego, unha media de 215 ao ano.

Por concellos, o que máis animais mariños contabilizou en terra firme foi o de O Grove, con 26, seguido de Ribeira, con 22, e Sanxenxo con 18. Os peiraos do norte están liderados por Ferrol, onde se atoparon 17 mamíferos mariños varados, seguidos das zonas costeiras de Carnota (12) e Camariñas, Carballo, Laxe e Porto do Son con 10 casos cada un.

Os expertos aseguran que moitas das mortes destes animais están causadas polas feridas que sufren cando quedan atrapados nos aparellos de pesca dos barcos. Os cetáceos achéganse ás redes dos pesqueiros para conseguir comida aproveitando a concentración de peixes e moitas veces rematan atrapados ou feridos. O presidente da Cemma, Alfredo López, asegura que a culpa destas accións non é dos mariñeiros: "A flota cada vez colabora máis pero aínda hai quen se sinte culpable e pensa que vai ser sancionado por recoller nas súas redes estes animais. Por iso non avisan, devólvenos ao mar e despois aparecen nas praias pasado un tempo nun avanzado estado de descomposición".

Esta situación provoca que moitos dos mamíferos mariños atopados non poidan ser analizados polos biólogos e que non se saiban as causas da súa morte. "Nos exemplares que podemos analizar atopamos uns altos índices de captura aínda que moitos dos animais que se recollen nas redes xa estaban mortos antes de seren pescados", explica o presidente da Cemma. Xeralmente os corpos permanecen en alta mar moitos días e cando chegan ás praias é moi difícil recoller mostras para analizalas.

O ano pasado aumentaron moito os varamentos nas costas do norte de Galicia cando son máis frecuentes entre Vigo e Fisterra "polos ventos do suroeste". "Quizais se debeu ás grandes diferencias climatolóxicas rexistradas en 2009, polas fortes variacións do vento", aclara Alfredo López.

Por especies, as que máis chegaron ás praias e cantís galegos durante o pasado exercicio foron os golfiños comúns (142), outros delfínidos non identificados polo seus altos niveis de descomposición (35), os golfiños riscados (30), caldeiróns comúns (20), toniñas (11), tartarugas de coiro (11), lobos mariños cincentos (6), arroaces (9) e arroaces boto (4). Tamén se atoparon catro cetáceos e tres mistícetos que non puideron ser identificados, tres baleas alibrancas, dúas tartarugas bobas e dous cazóns. Os animais achados completánse con un cachalote, un cahalote pequeno, unha lontra, un momo e unha quenlla.

Entre o 90 e o 95% dos animais que se atopan nas costas galegas viven na plataforma continental pero de vez en cando aparecen algúns de áreas marítimas máis alonxadas. "De especies doutras latitudes, como Inglaterra ou Canarias, téñense rexistrado algúns casos pero aparece un cada cinco anos ou así. Non é o máis habitual", asegura o presidente da Cemma.

Esta organización pretende recoller a maior cantidade posible de información sobre estes animais para coñecer mellor o seu comportamento ecobiolóxico. Sen embargo atópanse con múltiples atrancos que complican a súa labor. Ademais dos casos nos que os exemplares recollidos se atopan nun avanzado estado de descomposición, os biólogos da Cemma lamentan eses casos nos que os barcos pesqueiros notifican algunha captura accidental pero que non recollen o exemplar para entregalo aos científicos.

Noutras ocasións, os animais son vistos aboiando preto da costa pero cando se intentan recuperar non se atopan ou son levados polo mar das praias antes de que os efectivos da Cemma poidan chegar a eles, algo que se produce sobre todo nos días de temporal.

A rápida intervención dos servizos de limpeza dos concellos tamén impide ás veces que os biólogos poidan extraer mostras, igual que os casos nos que os animais son retirados por particulares sen autorización para facelo, polo que, nestas ocasións, a Cemma comunica aos representantes do Seprona o ocorrido.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
EXTRAS EN LA WEB
 destacados
EL TIEMPO
Consulta la predicción
         meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos
-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
         libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
         más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
widgets laopinioncoruna.es
iGOOGLE
Personaliza tu página de
         inicio de Google con las
         últimas noticias 
WWW
Llévate las noticias de
         laopinioncoruna.es a tu
         web
Enlaces recomendados: Juegos | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009