´Aqueles polbos, estes lameiros´

 01:37  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

ANTÓN LUACES Ben sei que non é doado demostrar a veracidade do que algúns afirman e mesmo chegan a plasmar en grafitis, mais tampouco se pode desbotar que Paul, o polbo adiviño, non sexa descendente doutro polbo que, na ría de Arousa, sempre fuxiu da francada do meu amigo Juan O Marqués.

O polbo da ría de Arousa, nunca "pescado" por ninguén, tiña un raxo -tentáculo- de menos, segundo O Marqués perdido nunha cruenta pelexa cun enorme boi de Francia que, disque, era franquista e, de paso, formaba parte do goberno de Vichy, en plena II Guerra Mundial. Un malfadado día os dous animais mariños deron en berrar por mor das posición políticas de cada quen e o boi, mala mar o afunda, tronzoulle unha das súas oito patas ao polbo. Este, cabreado e destemido, aínda seguíu na loita mais non foi quen de causar o menor dano á besta acourazada que non se deixaba apreixar. O polbo, natural da Pedra Pateira, foi estratega e, guindando ao boi unha boa tintada moura, fixo que fuxía e, cando o animal das pinzas erguía estas en sinal de vitoria, ¡zas!, papoulle as dúas tenaces arrincando estas ata os mesmos miolos do becho.

O boi de Francia comezou un exilio obrigado: carente de tenaces, pouco podía facer. E, aos catro días, apareceu morto e comesto polos depredadores nas rochas da Ameixida.

O polbo de Juan O Marqués colleu sona e todo deus ía á súa caza e captura. Un ollomol ben formado, de máis de dous quilos de peso e ollos de saltón, recomendoulle a migración porque, dixo, de non ser así, vas rematar a túa vida furado polos dentes da francada. E o polbo, de nome Paulo, marchou, efectivamente. Dis que o viran a todo filispín cruzando o Canal da Mancha detrás dunha toniña á que pretendía, mais son consciente de que un polbo intelixente como o do Marqués, non se ía namorar dun animal doutra especie. Ainda que cousas peores se teñen visto.

O caso é que Paul, o polbo que lle deu a victoria á selección nacional de fútbol española no Campionato Mundial da especialidade, imítase ben a Paulo. E mesmo ten un aquel rebuldeiro -propio de Paulo cando se burlaba de Juan O Marqués- no momento de se facer cargo dos mexillóns que, supostamente galegos, ou holandeses lle permitían elixir en medio dunha xeralizada espectación relacionada coas bandeiras dos países participantes no Campionato.

Eu estou por asegurar que Paul é un polbo coñón que ben sabía da Gulf Stream e dos sabores que esa corrente trae ás costas galegas, coñecemento herdado do seu devanceiro Paulo e que os mexillóns que lle temían na urna de cristal eran do cabo Corrubedo. Deste xeito, lóxico por outra banda, Paul seleccionaba o mexillón de Galicia, que ten denominación de orixe e saben máis a mar que os do norte europeo.

Se os científicos foran intelixentes, miraríanlle a matrícula e poderían comprobar que leva xunta o peteiro unha lenda que dí Made in Ría de Arousa que, afirmaba Juan O Marqués, todos os bós polbos levan impreso a pouco de nacer, sempre e cando, naturalmente, veñan ao mundo na ría dos Campións do Mundo de Fúbtol.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009