Unha investigación realizada por científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e a Universidade de Vigo descubriu catro especies novas de crustáceo nas augas de Mauritania. Trátase das especies Paguristes candelae, Ezaxius Erachevale, Munidopsis anaramosae e Neopilumnoplax corallicola, todas elas atopadas entre as campañas do IEO entre 2007 e 2010, xunto co Institut Mauritanien de Recherches Océanographiques et deas Pêches (Imrop). Agora saen á luz grazas ao traballo de doutoramento que a investigadora Susana S. de Matos-Pita defendeu o mes pasado en Vigo.

Os científicos identificaron un total de 132 especies ao longo do proxecto, que investigou a biodiversidade dos crustáceos profundos nesa zona do planeta, unha das máis descoñecidas e menos estudadas.