O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou ao Concello de Ribeira a indemnizar con 202.965 euros os propietarios das bateas dun polígono de mexillón situado na ría de Arousa polas verteduras de augas fecais que ocasionou en 2007 a rotura dun emisario submarino que provocou perdas na súa produción. Os bateeiros non puideron vender a súa produción en fresco e tiveron que destinala á transformación conservera, o que lles provocou unha mingua de ingresos do 33%.