Un mergullador foi rescatado na mañá de onte por unha embarcación particular despois de sentir unha indisposición cando estaba na auga ao norte das Illas Cíes. Segundo informou o servizo de emerxencias 112 Galicia, un particular explicou sobre as 12.00 horas que axudara ao mergullador a saír da auga e que o estaban trasladado a unha barca particular asistido por outra embarcación do club de mergullo do que forma parte o home. O 112 dou aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou ao helicóptero Pesca 1 e este trasladouno ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.