O 50% das reservas de pescado dos grandes ecosistemas mariños do planeta sofre un exceso de explotación, segundo advertiu recentemente a Comisión Oceanográfica Intergobernamental da Unesco, que fala de cifras "alarmantes" na súa avaliación mundial.

En augas de Siberia oriental, consideradas en risco "elevado", calcúlase que o potencial de captura de pescado vai sufrir un retroceso do 28%.

A Unesco tamén remarca que 64 dos 66 grandes ecosistemas mariños do mundo experimentan os efectos do quecemento global, que é "ultra rápido" no noroeste e no nordés do Atlántico, así coma no oeste do Pacífico, e pode afectar tanto á industria pesqueira como ao turismo.