O sector do cerco galego que xestiona as cotas pesqueiras de forma conxunta contaba con poder aproveitar o remanente de 200 toneladas de bocarte do ano pasado na zona IXa, ao sur de Fisterra, antes de Semana Santa. A Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) esperaba que a Secretaría General de Pesca habilitase a dispoñibilidade do cupo. "Contabamos con tela xa para estos dous días de Semana Santa", indica o portavoz da agrupación, Andrés García. O sector agarda agora que cando reabra a pesca "non sexa moi tarde" e a especie continúe a ter a abundancia actual.

O Goberno central prohibiu capturar bocarte o pasado xoves a partir das 15.00 horas despois de que o cerco esgotara a escasa cota de 68,1 toneladas das que dispoñía para pescar esta especie ao sur de Fisterra.