Con 400.000 euros

A Deputación financia a construcción dunha escola infantil en Arteixo

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Destina 90.000 euros a obras de rehabilitación da Igrexa de Santa Mariña de Obre, en Noia

AGENCIAS A Deputación da Coruña financia con 90.000 euros as obras de rehabilitación da Igrexa parroquial de Santa Mariña de Obre, no municipio de Noia.

Así consta no convenio de colaboración subscrito hoxe polo presidente da Deputación coruñesa, Salvador Fernández Moreda, e o seu homólogo da Asociación Cultural Virxe de Santa Mariña de Obre, Antonio Mayán Guerrero. A sinatura asistiron tamén a concelleira de Sanidade e Relacións Veciñais, Rosana Mariño, e o tesoureiro da asociación cultural, Juan Calvo.

A Igrexa de Santa Mariña de Obre é un conxunto arquitectónico incluído no inventario da Dirección Xeral de Patrimonio, que na actualidade precisa dunha actuación de rehabilitación para mellorar o seu estado interior e exterior. Así mesmo, formúlanse obras de accesibilidade a ao recinto sacro.

Por este motivo, e a petición do Concello de Noia e da Asociación Cultural Virxe de Santa Mariña de Obra, a Deputación da Coruña decidiu achegar 90.000 euros para subvencionar o 76 por cento do presuposto total do proxecto que ascende 118.855 euros, segundo recolle o documento técnico redactado polos arquitectos Olga Iglesias Fraga e Iván Camba Dopazo, que serán os encargados da dirección dos traballos.

A Asociación Cultural Virxe de Santa Mariña de Obre conta xa cos preceptivos permisos da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, e do Arcebispado de Santiago para a execución das obras de rehabilitación do templo. O seu presidente, Antonio Mayán Guerrero valorou o apoio económico da Deputación da Coruña para poder acometer as obras de restauración da igrexa.

Pola súa banda, Salvador Fernández Moreda destacou o valor artístico-cultural da Igrexa de Santa Mariña de Obre, o que xustifica a colaboración financeira da Deputación da Coruña, que desta forma "quere preservar un valor arquitectónico do Concello de Noia".

A Asociación Cultural Virxe de Santa Mariña de Obre disporá ata o próximo mes de outubro de 2010 para a execución dos traballos de rehabilitación. Entre eles, e segundo consta no convenio, inclúese a execución da rede de saneamento para evitar as humedades actuais, ademais de traballos de cantería, carpintaría interior e exterior, e contémplase tamén a renovación do mobiliario.

ESCOLA INFANTIL

Por outra parte, a Deputación da Coruña financiará con 400.000 euros a construción dunha escola infantil en Pastoriza, no termo municipal de Arteixo. Así consta no convenio de colaboración subscrito por Salvador Fernández Moreda e a alcaldesa, e tamén deputada provincial, Pilar Souto Iglesias.

O proxecto para a creación da escola infantil está impulsado polo Concello de Arteixo, e ten un presuposto total de contrata de 980.343,52 euros; polo que coa achega provincial se financia, aproximadamente, o 41 por cento do importe total da obra.

A escola infantil de Pastoriza, para nenos de 0 a 3 anos, contará con sete unidades, optimizándose os espazos de maneira que o inmoble teña unha ampla superficie para áreas recreativas. A gardaría disporá dun total de 100 prazas.

O acceso ao edificio, segundo consta no documento técnico, será pola Rúa do Lagarto e farase a través dunha peza de vidro que se converte nun vestíbulo de acceso á área de recepción. Na planta baixa situaranse as aulas, así como a cociña, o comedor e áreas de descanso e xogo. Na planta superior a sala de estar, aseos vestiarios e áreas administrativas. No exterior, haberá unha ampla zona de xogos.

As obras serán contratadas polo Concello de Arteixo, que dispón ata o mes de novembro de 2010 para a execución dos traballos, para cuxa financiar poderá compatibilizar a axuda da Deputación da Coruña coas doutras administracións públicas.

A alcaldesa de Arteixo agradeceu a colaboración financeira da Deputación da Coruña para impulsar "unha infraestrutura moi demandada polos veciños de zona". A súa vez, o presidente provincial enmarcou esta actuación nos programas provinciais de apoio aos concellos e para "contribuír a mellorar a calidade dos veciños do municipio de Arteixo".

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
EXTRAS EN LA WEB
 destacados
EL TIEMPO
Consulta la predicción
         meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos
-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
         libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
         más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Enlaces recomendados: Juegos | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009