Fidel Castro Muere un icono revolucionario

O home ao que ninguén puido dobregar

30.11.2016 | 14:58
Ángel García Seoane.

Moito é o que se leva falado e escrito sobre a persoa máis honesta, capaz, brillante e valente do século XX: Fidel Castro Ruz. Un cubano-galego, universal ao que ninguén foi capaz de dobregar nin de derrotar.

Un home de principios, un grande estratega, unha persoa dunha inmensa calidade humana. Todos os que tivemos o privilexio de coñecelo e de tratalo sabemos que é así porque non se entenderían tantos éxitos persoais á fronte da república de Cuba, esa pequena nación que el fixo grande.

Non vou falar dos países africanos que conquistaron a súa independencia grazas a Cuba, nin da cooperación internacional que prestou co valente pobo cubano en centos de causas ao longo do planeta en defensa dos pobos pobres do mundo. As persoas que desde Oleiros apoiamos a Fidel e a súa revolución, principalmente a raíz da caída do muro de Berlín, estamos orgullosos de telo feito e de achegar un pequeno grao de área na loita contra os imperios globalizadores que tanto dano están a facer nas economías dos pobos da terra, destrozando a clase media e a clase traballadora. Estamos orgullosos de romper o bloqueo yanqui pero máis orgullosos sentímonos aínda por romper o bloqueo dos países da antiga URSS e dos estados europeos lacaios do imperio.


Seoane con Fidel Castro en Santiago en 1992.

Desde Oleiros creamos unha intensa rede de cooperación con concellos e ONG, enviamos decenas de empresarios a investir en Cuba, contribuímos á realización da viaxe de Fraga, viaxe que por certo se quixo boicotear por parte do goberno de Felipe González, retrasando o voo catro horas despois de estar na pista para o despegue. Sabían do grande despregamento de Fidel para recibir a Fraga. A acollida foi espectacular, nada se cambiara e alí estaba o Comandante e xefe, na escaleira do avión recibindo ao presidente da Xunta.


Fidel Castro en Santiago con Isaac Díaz Pardo e Xosé Neira Vilas.

Desde Oleiros tamén organizamos encontros con alcaldes galegos na Habana, publicamos os libros A idade de ouro de José Martí e A historia absolverame, en galego, contando coa colaboración do ilustre escritor Neira Vilas. Promovimos intercambios entre universidades do Estado e a universidade da Habana. Trouxemos centos de artistas cubanos para facer proselitismo. Por Oleiros pasaron persoas de peso no goberno de Cuba: o vicepresidente Don José Ramón Fernández, comandante da Revolución, Roberto Robaina, ministro de Exteriores así como alcaldes da Habana, Santa Clara, Santiago de Cuba...


Fidel Castro y Ángel García Seoane en Santiago en 1992.

Ata chegouse a cambiar unha lei para apoiar os músicos cubanos despois de que lle falase a Fidel, da miña estrañeza porque nas discotecas dos hoteis xa non soaba música cubana, e nun congreso da UMIAC (Unión de Músicos e Artistas Cubanos), Fidel dixo: "Según el amigo Gelo de Oleiros ya no se emite nuestra música, impóngase el 50%".


Imaxe dun encontro en Cuba.

Estas e outras moitas anécdotas, fixeron que eu estivese no punto de mira da CIA e do CNI. Así en xaneiro de 2004 a CIA fixo pública a miña ficha na prensa galega co ánimo de cualificarme como un terrorista que tiña contas nas illas Caimán. O CNI, pola súa parte, tiña vivindo en Oleiros un axente infiltrado que se definía como exsindicalista madrileño ao que acompañaba unha cubana para "dar o pego".


Imaxe dun encontro en Cuba.

As campañas de desprestixio contra min impediron que ao longo de seis lexislaturas acadásemos a maioría absoluta, pero co resultado das últimas dúas a historia absolveume.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Mundo

Hariri se dirige a sus simpatizantes en Beirut.
Hariri deja en suspenso su dimisión como primer ministro de Líbano para dialogar

Hariri deja en suspenso su dimisión como primer ministro de Líbano para dialogar

El político suní ataca a Hezbolá, proiraní, al asegurar que ha regresado a Beirut para defender el...

¿Cuánto tiempo podrían sobrevivir los tripulantes del submarino desaparecido?

¿Cuánto tiempo podrían sobrevivir los tripulantes del submarino desaparecido?

La Armada española envía a Argentina ayuda para el rescate del aparato desaparecido en alta mar

Trump cumple con la tradición del indulto al pavo antes de Acción de Gracias

Trump cumple con la tradición del indulto al pavo antes de Acción de Gracias

Bromea diciendo que no puede revocar el perdón a los pavos indultados en su día por Obama

El fracaso negociador podría abocar a unas nuevas elecciones en Alemania

El fracaso negociador podría abocar a unas nuevas elecciones en Alemania

La mayoría social desea repetir los comicios tras no prosperar las conversaciones entre partidos

Cadena perpetua por genocidio para Mladic, el ex jefe militar serbobosnio

Cadena perpetua por genocidio para Mladic, el ex jefe militar serbobosnio

El exgeneral, de 74 años, fue responsable de la masacre de 8.000 personas en Srebrenica en 1995 y...

"El conflicto que ahora comienza en Líbano es la continuación de la guerra de Siria"

"El conflicto que ahora comienza en Líbano es la continuación de la guerra de Siria"

"Donald Trump trata de forjar una alianza de Israel y los países árabes suníes contra Teherán, una...

Enlaces recomendados: Premios Cine