asieu

1-M

 09:07  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
1-M
1-M 

XOÁN ABELEIRA Aquén votarei nas eleccións?, pregúntanme algúns de algures. Vounos botar todos fóra ou non vou votar a ninguén? Non che sei. Eu mesmo estou a facerme esta dobre pregunta.

Nos dez anos que levo eiquí, aínda non acudín a ningún acto público, a ningún, no que tódolos seus participantes falasen ben a única lingua real, a única lingua propia da Galicia. É máis: a meirande parte dos artigos e dos libros que lin (incluído algún meu) contiñan unha boa presada de erros entre as súas frases, entre os seus versos. Cousa impensable en calquera cultura que se prece. Onte mesmo, no Xornal de Galicia, un colega meu titulaba así a súa columna: "Nos volverán a enganar?", con dous disparates gramaticais dises que, pra calquera galegofalante de toda a vida, equivalen a darlle dúas hostias na face. Por iso, pensándoo con siso...

Hei votar a Rosa Díez e a Galicia Bilingüe, pra que así iste pobo que se despreza tanto a si mesmo, esta nación que non quere nin quererá nunca, ó parecer, ser a nación que foi, deveñan a feito no que son: de España e pra España. Que si, ho: que os nenos estuden na lingua da súa mai e, xa de paso, na do seu pai. Que, pra reducir un chisco o paro entre o corpo docente, cada cativo e cada cativa elixa o idioma e o profesor que lles pete. Os chineses, o chinés. Os romaneses, o romanés. Os marroquís, o marroquí. E os galegos? Os galegos, touriños. Os galegos, toliños. Os galegos... todiños o castelán. Total, de perdidos ó cavorco. De suicidármonos a modo, fagámolo dunha vez. Prefiro o galego morto denantes que escravo. Prefiro con moito que a espernexe denantes de seguir a velo rexeitado polos uns, deturpado polos outros. Nun país tan anormal coma iste, onde nin sequera os intelectuais se toman a molestia de falar e de escribir coma o(s) seu(s); onde os xornais son a proba diaria, palpable, do noso inmenso absurdo lingüístico, qué máis mal pode facernos un pouco máis de anormalidade? Viva a Morte, xa que logo, como dixo o noso heroe. Calquera cousa denantes que esta lenta, esta penosa agonía...

Pero, qué diaños: vou votar ó PP. Así volverán, si, aquiles vellos caciques que cando menos tiñan algo de cultura e certo respecto polo noso. A for de asoballalo, xaora, de quitarlle ata os miolos. Mais mesmo con iles subsistiu o noso pobo. A infindade de aldeas labregas e mariñeiras que, arestora, con tanto Progreso, con tanto Estatuto, con tanta Harmonía, semellan ósos de dinosauro. Pegadas de zocos e de zocas... baleiras. Que non? Vou votar polo PSOE, pra que na vindeira lexislatura a Consellería de Cultura estea, si, nas súas mans e non das da Santa Imposición. Do terror independentista. Dos xa non se sabe nin qué. (Eiquí todo Deus dispara ó chou, a ver se cae algún raposo).

Ou mellor votar ó BNG, pra que na vindeira lexislatura a Consellería de Presidencia estea nas súas mans e non das da Santa Sé. Dos vendidos. Dos covardes. Dos traidores. Dos... eu qué se7i eu. (Eiquí xa hai tantos mortos que resulta imposible distinguir os cadáveres dos defuntos das estantigas dos vivos. E iso que ningún poeta cre xa no(s) espírito(s). No Alén da Poesía. Ou si?)

Dubido e dubidando... Vou votar a Izquierda Unida, e abure. A ise I e ise U que de galegos non teñen ren. Nin tampouco de esquerdas. E moito menos de unidos. Secasí?

Pra non pecar de existencialista -ou, peor aínda, de anarquista- lembro a frase de Kennedy tan lembrada ultimamente: "Non penses no que o teu país pode facer por ti senón etc." Mais o certo é que ningún estado -nin o venezolano, nin o español, nin o supostamente galego- me regalou nunca nada. Nin a min nin a ninguén que eu coñeza. Nada agás o Gaiás. Nada bardante a obriga de traballarmos nuns choios detestables por uns soldos detestables. Así que...

Xa sei, xa sei, xa sei. Vou votar pola Falange Española Tradicionalista y de las Jons. Polos aquiles de sempre. Si, Señor! A fin de contas téñenche un mérito. Unha grande e libre virtude da que carecen os demais: non che van nada de hipócritas. Dinche as claras o que odian. Sonche xente de fiar.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009