asieu

Fahrenheit 451

 09:52  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Fahrenheit 451
Fahrenheit 451  

XOÁN ABELEIRA Aquiles de vostedes que saiban a qué temperatura arde o papel (233 graos centígrados, 451 graos Fahrenheit) coñecerán sen dúbida a novela de Ray Bradbury que, no 1966, levou ó cine François Truffaut. Eu volvín ver a película onte, mergullado como o estou nos poemas da Nouvelle Vague, nos arrepíos de Antonioni, nas olladas, nos risos e nos bailes desas dúas femmes-enfants chamadas Anna Karina e Monica Vitti: as miñas únicas paixóns actuais no medio de tanto fastío.

Lembrarán vostedes, se cadra, que o primeiro libro que queima o corpo represivo dos bombeiros é o das andainas d'El ingenioso hidalgo Don Quixote de la Mancha, froito dun neto de galegos por parte de mai; o segundo, The Picture of Dorian Gray, de Oscar Wilde; e, o terceiro, The Moon and the Sixpence, de William Somerset Maugham. A obra de Cervantes foi a primeira coa que me agasallaron nesta vida, cando eu só tiña sete anos -lembranza sobre a que xa escribín por extenso noutro artigo. O retrato de Dorian Gray (un libro velenoso, abofé, no mellor dos sensos) enfermoume durante uns meses nos que eu non paraba de recomendarllo ós meus amigos, entre citas e posturas decadentes -igual, polo que eu sei, que a maioría dos rapaces que o len. A novela de Maugham que máis me marcou foi The Razor's Edge (O gume da navalla), a través da personaxe de ficción á que aínda máis desexo asemellarme: Larry Darrell. Pero A lúa e seis peniques fala de Gauguin, e Gauguin é unha das miñas identidades atávicas: Oviri.

Ardendo entre as lapas, coma esa muller que prefire morrer calcinada denantes de abandonar os seus libros, coidei que sería ben interesante pescudar cada un dos volumes que Truffaut filma ou cita expresamente, e analizar a súa relación con esta película e con toda a obra de Truffaut. Supoño, secasí, que alguén xa o faría, e, amais, non é disto do que eu quero falarlles.

Quero falarlles do final da fita, do bosque libre onde habitan os homes e as mulleres libros, xa saben: ises seres humanos que, "niste tempo de escuridade", deveñen, a mantenta, en salvagardas dunha única obra que iles e elas conservan e transmiten memorizándoa. Cadaquén cadansúa. A derradeira secuencia é asemade unha homenaxe a todas as linguas do mundo na que todos ises libros foros escritos ou ás que foron traducidos. E eu, escritor e tradutor, ó sentir recitar ises tesouros da humanidade, nesas palabras que son outro tanto, coidei, con infinita mágoa, que? Á vista do retroceso espiritual -non relixioso- que estamos a padecer, e do desenfreado avance material co que estamos a destruír o planeta, non me estrañaría que o pesadelo de Bradbury se materializase. E, cando iso suceda, cando os libros sexan vistos coma un perigo polos poderes fácticos que, de vagar, están a converternos nuns robots de carne e óso ateigados de antidepresivos, a nosa será unha das linguas que non se sinta xa na fraga libre dos seres libros. O galego (ise"dialecto da lingua portuguesa", segundo os sabios da Enciclopedia Británica; ise "dialecto da lingua castelá", segundo a maioría dos españois) xa non existirá de ningún xeito, por mor de todos os galegos e de todas as galegas que, coa semente do autoodio encistada nos miolos, loitaron arreo pola súa extinción. Se cadra haberá alí, agochada alí, resistindo alí, unha persoa titulada Livro do Desasosego. Pero non Os Eidos, nin Follas de vagar. Cando menos tal e como estas foron concibidas.

P.S. A que tanto rebumbio? Pra que? Nós, os "galegos coma os que máis", non precisamos nin de Alberto Núñez Feijóo, nin de Gloria Lago, nin de Federico Jiménez Losantos, nin dos esbirros da FAES e demais corpúsculos fascistoides pra acabaren coa nosa lingua e a nosa cultura: xa nos valemos por nós mesmos, sozinhos.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009